ARTIGO

SO15C6F6_211556

Amador Pena e Raquel Suárez acadan a victoria en Angrois

Amador Pena e Raquel Suárez lograron o triunfo na carreira celebrada en Angrois.

Amador Pena, que repetiu a vitoria do pasado curso nesta mesma proba, investiu un tempo de 17 minutos e 16 segundos. Raquel Suárez, que vén de gañar a carreira nocturna do CorreSan, parou o crono en 20 minutos e 57 segundos.

O atleta santiagués impúxose a Arturo Ramos, segundo na xeral cun tempo de 17.24, oito segundos por detrás do vencedor. A terceira praza foi para Alberto Carou, con 17.30, quedando a continuación Juan Carlos Mosquera, con 17.36, e Cristian Muíño, con 17.51, en cuarta e quinta posición, respectivamente.

Na proba feminina, Raquel Suárez completou os 5,2 quilómetros cun rexistro de 20 minutos e 57 segundos. A prata foi para Laura González (21.45) e o bronce adxudicoullo Lorena Pose (22.15).

Consulta aquí os resultados completos:   Clasificacións CorreSan Ruta da Prata – Angrois

Seguinte cita -> CorreSan Ruta dos Parques.

#NONETOLEMIAEPAIXON

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>