ARTIGO

S04N7072

Raquel Suárez e Diego Alonso vencen na CorreSan da Ruta dos Parques

A compostelá Raquel Suárez e o atleta do Club Atletismo Santiago, Diego Alonso, vencen na terceira proba do Circuito CorreSan, a da Ruta dos Parques.Raquel Suárez volveu impor o seu dominio, cun tempo de 22:06 na proba celebrada o pasado sábado. Completaron o podio Mónica Álvarez (24:16), e María Tarrío (24:55) en categoría femenina. Pero a sorpresa saltou na categoría masculina, onde o atleta do Club Atletismo Santiago, Diego Alonso Campo (19:30) proclamouse vencedor superando a Cristian Muiño (19:36) e Alberto Carou (19:56) do Clube Deportivo Vagalume Energía.

Nas probas escolares, os benxamíns e alevíns completaron un circuíto de 1,4 quilómetros. Na primeira categoría marcou o mellor tempo Coral Vázquez, 4:18, por diante de Nuno Castro (Millaraio), 4:24. En alevíns os mellores foron Lucas García (Noitebra), 3:52, e Sonia Canosa (Olimpia), 4:17.

Os infantís e os cadetes enfrontáronse a un trazado de 2,6 quilómetros. Daniel Mato (Millaraio) fixo bos os prognósticos e impúxose cun tempo de 7:44. Antía Prieto (Atletismo A Estrada) foi a mellor entre as cadetes, 8.39. En infantís, Carol Santos (Agrupación Viguesa) completou unha carreira extraordinaria, 8.02 (sexta na xeral sumadas as dúas categorías e os dous cadros), o mesmo que Sergio Prieto (A Estrada), 7:53, terceiro na xeral.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>