ARTIGO

Ruta dos Parques

Aberta a inscrición da CorreSan Ruta dos Parques do 3 de novembro

Xa está en marcha a terceira proba do VII Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2018,  que nos levará a Ruta dos Parques composteláns.

A terceira cita do Circuito CorreSan xa está aquí. A Cidade da Cultura, o Bosque de Galicia, o Paseo Fluvial do Sar e o gran Parque Eugenio Granell serán algúns dos escenarios que visitaremos nesta proba que se disputará sobre unha distancia de 6,1 km na súa proba absoluta, e de 1,4 e 2,6 km nas probas de escolares 1 e 2 respectivamente.

A proba absoluta partirá da Cidade da Cultura ás 17.00 horas, feito polo cal os corredores serán trasladados en autobús ata ese lugar. As probas escolares celebraranse íntegramente no Parque Eugenio Granell (Restollal) nuns circuitos vistosos e agradables para o público presente..

Haberá servizo de roupeiro na saída e habilitaranse servizo de duchas próximo a liña de meta.

En breve máis información. Xa te podes incribir nesta web ou na web www.carreirasgalegas.com

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>