ARTIGO

FOTOS

Esther Rodríguez e Amador Pena vencen no Barrio de San Pedro

Disputouse o pasado sábado a derradeira proba do circuito de Carreiras Saudables de Santiago 2018 no fermoso Barrio de San Pedro santiagués.

A Carreira do Barrio de San Pedro, que era a gran novidade no calendario desta edición, pechou a sétima edición do Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2018.

Esther Rodríguez e Amador Pena foron os primeiros en inscribir o seu nome como gañadores na proba. A pesar do tempo chuvioso, que se converteu nunha dificultade engadida para o equilibrio dos deportistas nos tramos empedrados, non se rexistraron maiores incidencias.

Amador Pena, un habitual do CorreSan, cruzou a meta cun tempo de 15:43 e impúxose nun apertado e bonito sprint a Nuno Costa, que empregou o mesmo tempo,e a Juan Pablo Fernández, que precisou un segundo máis.

Esther Rodríguez foi a primeira no cadro feminino, quincuaxésima na xeral, cun tempo de 18:22. Segunda foi Mónica Álvarez (18:47) e terceira Johana Torres (20:34).

Na clasificación xeral final do CorreSan, Nuno Costa é o vencedor no cadro masculino e Esther Rodríguez no feminino.

Consulta os resultados :  Aquí

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>