REGULAMENTO

É un pracer presentarvos o “VI Circuíto de carreiras saudables CorreSAN 2017, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuito CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico en diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades (de benxamíns a veteranos) con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.

A continuación exporemos o regulamento xeral do circuíto, pero antes de rematar gustaríame animarvos a que tomedes parte deste proxecto que nace do noso interese por promover a práctica libre do deporte na cidade de Compostela.

A concelleira
Noa Morales Sánchez

REGULAMENTO XERAL

A sexta edición do circuíto de carreiras CorreSAN constará de 4 probas que se disputarán nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro (1 cada mes) de 2017.

En cada proba haberá un percorrido para escolares das categorías benxamín e alevín, un percorrido para as categorías infantil e cadete e outro para adultos a partir da categoría xuvenil. As probas comezarán de xeito habitual polas probas de escolares e rematarán coa disputa da proba de adultos. Os horarios das carreiras serán comunicados na semana anterior á disputa das mesmas nas páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.corresan.com .

Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e empregarán o sistema de chip-dorsal que deberá conservarse durante o transcurso do circuito para os atletas que se inscriban nas 4 probas na modalidade de circuito, e poderá reciclarse no caso de atletas que só se inscriban a unha proba independiente.

Todos os atletas que perdan este elemento deberán aboar a cantidade de 3 € para adquirir un novo dorsal - chip.

CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓNS INDIVIDUAIS

As categorías de participación individuais serán as seguintes:

BENXAMÍN anos 2008 e 2009
ALEVÍN anos 2006 e 2007
INFANTIL anos 2004 e 2005
CADETE anos 2002 e 2003
XUVENIL anos 2000 e 2001
JUNIOR anos 1998 e 1999
PROMESA anos 1995, 1996 e 1997
SENIOR entre 1983 e 1994
VETERANOS/AS A entre 1972 e 1982
VETERANOS/AS B entre 1962 e 1971
VETERANOS/AS C en 1961 e anteriores

E = Escolares (benxamín, alevín, infantil e cadete)

A = Adultos (dende xuvenil a veteráns)

*Durante o transcurso do circuito producirase o cambio de tempada atlética (1 de novembro) feito que non afectará ás categorías deste circuito que se manterán durante o transcurso do mesmo.

CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN POR EQUIPOS

As categorías de participación por clubes serán as seguintes (non se pode duplicar a participación nun clube federado e equipo popular ou nun centro escolar e clube federado)

Tampouco un mesmo equipo poderá ter dúas ou máis seccións (A, B, ...):

CLUBES FEDERADOS ADULTOS Atletas con licencia federativa
EQUIPOS POPULARES ADULTOS Corredores con ou sen licencia federativa
CENTROS ESCOLARES Corredores pertencentes a centros escolares
CLUBES ESCOLARES Corredores escolares pertencentes a clubes federados

CLASIFICACIÓNS

En cada proba establecerase unha clasificación individual por orde de chegada. Os participantes no circuito levarán un número de puntos igual ao posto obtido en cada carreira SÓ TENDO EN CONTA OS PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO, de xeito que o primeiro clasificado obterá 1 punto, o segundo clasificado 2 puntos e así sucesivamente ... OS ATLETAS QUE NON PARTICIPEN NALGUNHA PROBA DARÁSELLE UN NÚMERO DE PUNTOS SIMILAR AO NÚMERO TOTAL DE PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO, DE XEITO QUE NON OBTEÑAN VANTAXE ALGUNHA DA NON PARTICIPACIÓN.

Tamén se poderá participar inscribíndose soamente a calquera das catro probas do circuito sen participar como “inscrito en circuito” nin na súa clasificación.

Haberá unha clasificación de cada carreira e unha xeral do circuíto en cada categoría, que será modificada despois de cada carreira. A clasificación do circuito realizarase en orde inverso, segundo se teña un menor número de puntos.

NA CLASIFICACION FINAL INDIVIDUAL DO CIRCUITO ELIMINARASE O PEOR RESULTADO OBTIDO NAS 4 PROBAS DO CIRCUITO. PARA A CLASIFICACIÓN FINAL DE CLUBES E EQUIPOS POPULARES APLICARASE A SUMA DOS 4 MELLORES RESULTADOS DOS ATLETAS QUE OS COMPOÑAN

OS EQUIPOS ESTARÁN FORMADOS POR UN NÚMERO MÍNIMO DE 6 COMPOÑENTES, SEN DETERMINAR UN NÚMERO MÁXIMO.

Tamén estableceranse dous tipos de clasificacións:

  • Clubes federados, sumando os puntos obtidos polos 4 mellores compoñentes do clube que deberán estar inscritos todos na modalidade de circuito e completar 3 das 4 probas Imprescindible realizar a inscrición reflexando o nome do equipo no formulario habilitado).
  • Equipos populares, nos cales poderán entrar atletas federados e non federados formando equipos. Imprescindible realizar a inscrición reflexando o nome do equipo no formulario habilitado.
  • Os equipos tamén poderán masculinos ou femeninos. Non se admitirán equipos mixtos nestas clasificacións.

As clasificacións dos clubes federados escolares e centros escolares será únicamente por criterios de participación.

CALENDARIO DE PROBAS E CIRCUITOS

As probas celebraranse nas datas que se expoñen a continuación. Os circuítos serán expostos nos días previos á celebración da carreira nas páxinas web www.corresan.com, www.carreirasgalegas.com, www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org.

DATA PROBA DISTANCIAS APROX.
16 de Setembro CORRESAN
NOCTURNA - CIDADE VELLA
1010 m (E1)
1750 m (E2)
5300 m (A)
14 de Outubro CORRESAN
RUTA DA PRATA
ANGROIS
1205 m (E1)
2310 m (E2)
5210 m (A)
04 de Novembro CORRESAN
RUTA DOS PARQUES
1645 m (E1)
2520 m (E2)
5400 m (A)
02 de Decembro CORRESAN
PONTE MANTIBLE
VITE
1200 m (E1)
2400 m (E2)
6000 m (A)

E1 = ESCOLARES Ben - Alev

E2 = ESCOLARES Inf - Cad

A = ADULTOS

INSCRICIÓNS

INSCRICIÓN INDIVIDUAL: A inscrición nas 4 probas do circuíto (opción recomendable), tanto para escolares como para adultos, poderán realizala a través das seguintes vías:

PRESENCIAIS

  • Departamento de Deportes (Planta Baixa) de El Corte Inglés Santiago de luns a sábados de 10 a 22 horas.

ONLINE

A través da páxina web www.corresan.com e www.carreirasgalegas.com

INSCRICION POR CLUBES FEDERADOS, EQUIPOS POPULARES E CENTROS ESCOLARES
Todos os clubes federados, tanto de adultos (de xuvenil en adiante) como de atletas escolares, equipos populares de adultos e centros escolares (categorías benxamín, alevín, infantil e cadete) que desexen entrar nos premios outorgados a eles deberán remitir un correo electrónico á dirección info@corresan.com indicando a súa intención de tomar parte nestas clasificacións e adxuntando o listado dos atletas que comporán o clube federado, equipo popular ou centro escolar. Ditos atletas deberán estar inscritos individualmente e de xeito previo o inicio das probas indicando claramente o nome do clube, equipo popular ou centro escolar. É moi importante que os atletas poñan correctamente o nome do clube, equipo ou centro escolar.

PREZOS DA INSCRICIÓN

ESCOLARES (de benxamín a cadete) GRATUITA
ADULTOS (de xuvenil a veteráns)
Xeral nas 4 probas do circuíto
Inscrición individual por proba:

24€
6€

Coa inscrición xeral no circuíto recibirán unha camiseta técnica,e un dorsal-chip coa que poderán participar nas 4 probas e que poderán recoller no lugar indicado na páxina web www.corresan.com. Os atletas que se inscriban individualmente en cada proba NON PERCIBIRAN CAMISETA POLA SUA PARTICIPACION.
O dorsal empregarase para as 4 probas e deberá conservarse axeitadamente en todas as probas do circuito.
Os participantes de cada proba individual que non se inscribiran no circuito só recollerán o dorsal na zona de saída de cada proba, agás na 1ª que se recollerá no mesmo lugar que os participantes no circuito.

CALENDARIO DE INSCRICIÓNS

A inscrición xeral no circuito CorreSan (4 probas) abrirá o mércores 16 de agosto e pechará o xoves 14 de setembro ás 14 horas. Abrirase un 2º prazo antes da carreira CorreSan Ruta da Prata - Angrois

A inscrición individual en cada proba do circuito terá o seguinte calendario de inscricións:

CorreSan - Nocturna Cidade Vella Inscrición do 16 de agosto ao 14 de setembro
CorreSan - Ruta da Prata-Angrois Inscrición do 25 de setembro ao 12 de outubro
CorreSan - Ruta dos Parques Inscrición do 20 de outubro ao 2 de novembro
CorreSan - Ponte Mantible - Vite Inscrición do 10 ao 30 de novembro

PREMIOS

Os premios ó circuíto serán entregados nas semanas posteriores á conclusión da derradeira proba.

Outorgaranse premio aos 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento.

Tamén se entregarán premios especiais aos 3 primeiros clasificados das clasificacións xerais de escolares e de adultos.

Os 3 centros escolares e clubes federados que acheguen máis participantes á categoría de escolares percibirán premio especial.

Os 3 clubs federados MASCULINOS e FEMENINOS e os 3 equipos populares MASCULINOS e FEMENINOS que obteñan menos puntos na clasificación das probas do circuito (sumando os puntos dos seus 4 mellores compoñentes)

Para poder tomar parte nestas clasificación é imprescindible inscribirse indicando o nome do clube ou equipo ou centro escolar no formulario e remitir ao correo info@corresan.com o listado cos compoñentes dos mesmos.

TODA A INFORMACIÓN RELATIVA A CIRCUITOS, LUGARES DE RECOLLIDA DE DORSAIS, ... PODERA CONSULTARSE NA WEB www.corresan.com e www.carreirasgalegas.com